Actualidade

Acompaña a Juan Antonio Corbalán na súa chegada á Praza do Obradoiro

Etapa II Camino Acaba en Obradoiro II      Dani Masso Photo (21)

Los 90 primeros menores de edad en llegar al punto de encuentro se llevarán además una invitación para el partido del domingo ante Valencia Basket (10:30 horas)

Juan Antonio Corbalán chegará mañá á meta do Camiño acaba en Obradoiro: a tan ansiada Praza do Obradoiro, fronte á Catedral de Santiago.

O ex xogador non o fará só. Con el, ademais dos familiares, amigos e equipo técnico que o acompañaron durante toda a aventura, estará a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, así como representantes de Obra Social La Caixa e Correos, patrocinadores principais da edición.

Ademais, o ex madridista quere contar con toda a afección do Rio Natura Monbus Obradoiro nesa máxica meta, igual que o pasado ano o fixo Terry Porter. Para iso, o club volve habilitar un punto de encontro desde o cal facer todos xuntos o último tramo desta última etapa.

A quedada será ás 12:00 horas da mañá do sábado, no parque situado no cruzamento das Rúas París e O Valiño (mesmo punto que o pasado ano, que estará sinalizado). Nesa localización, nun parque situado á beira dun dos marcadores do Camiño, entregaranse ademais 90 invitacións ao partido do domingo aos primeiros 90 nenos (menores de 18 anos) en presentarse.

Tamén Correos, patrocinador da iniciativa, entregará diferentes obsequios a todos os presentes. Uniranse un ano máis plantilla e corpo técnico do Rio Natura Monbus Obradoiro na Rúa de San Pedro, onde todos xuntos enfilaremos xa o casco monumental da cidade ata chegar á mismísima Praza do Obradoiro, onde Corbalán se dirixirá en primeira persoa aos xogadores de Liga Endesa do Rio Natura Monbus Obradoiro e atenderá aos medios antes de entrar na Catedral.