A xornada hoxe iniciábase coas indicacións do guía especializado no Camiño (Turismo de Santiago) que, tal e como sucedía na etapa anterior, explicaba a Terry Porter e aos seus tres acompañantes, algúns dos datos históricos, culturais e patrimoniais máis importantes da zona.
Ás 8:30 horas iniciamos a etapa desde a Pousada de Portomarín e, como non podía ser doutra maneira, a primeira parada realizámola apenas uns metros despois da saída, na Igrexa de San Juan (tamén coñecida como Igrexa de San Nicolás). Un dos templos máis significativos dos que nos encontraríamos ao longo de toda a etapa ata Palas de Rei.
Durante varias horas a chuvia deunos un respiro e o contacto con outros peregrinos foi unha constante. É sorprendente ver como os máis pequenos, de xeracións moi lonxanas ás que viviron o éxito de Porter na NBA, ían parándonos para tomar fotografías co seu ídolo.
A sorpresa da jornada foi a visita de Pepo Suevos, actor e cómico, que nos acompañou durante practicamente toda a etapa ata a chegada a Palas de Rei. Como gran afeccionado ao baloncesto e ao Rio Natura Monbus Obradoiro, Pepo estaba emocionado por ter a posibilidade de compartir o Camiño con un dos seus referentes no mundo do baloncesto.
Nos últimos quilómetros antes de chegar, a chuvia e o vento, fixeron máis dura a finalización da etapa pero o esforzo viuse recompensado co banquete en A Parada das Bestas, onde Porter e os seus acompañantes, tiveron a oportunidade de degustar a gastronomía da zona.
A última hora, Terry preguntábase como irían as doazóns na conta solidaria de La Caixa (ES95-2100-2186-9102-0034-3853), destinadas ao Boys&Girls Club of Portland Metropolitan Area e á “Beca Terry Porter” que creará a Fundación Heracles. O certo é que aínda lle faltan catro días para sabelo…
¡Mañá Palas de Rei- Arzúa!