Actualidade

ETAPA 5: O PEDROUZO – MONTE DO GOZO

Etapa5 Camino Obradoiro Dani Masso (8)

Acercámonos a Santiago de Compostela e no grupo empézase a experimentar a emoción e nerviosismo, preludio do que vamos a vivir mañá.

Durante estes días, as conversacións entre nós e con outros peregrinos, eran unha constante. Somos un equipo heteroxéneo, distintos perfiles, distintas persoas unidas pola iniciativa solidaria do Rio Natura Monbus Obradoiro, e era practicamente imposible non ter un tema de conversación que nos involucrara a todos.

Sen embargo, o día de hoxe supuxo un punto de inflexión. O silenzo foi o noso compañeiro practicamente desde o inicio en O Pedrouzo. O grupo foise disolvendo pouco a pouco e cada un encontrou para si ese espazo, a “zona cero”,  que todos temos e que tanto custa chegar no noso día a día. Contas pendentes, balance de decisións pasadas e futuras, cambios de dirección, retos, frustracións… En definitiva, portas cerradas baixo chave polo sentido común que actúa como escudo do que somos ou do que nos gustaría ser e que só a soidade e o silenzo permiten que poidamos darnos a man con esEs sentimentos.

Camiñamos baixo a chuvia, cruzamos bosques que evocaban contos de fadas e chegamos a Lavacolla onde Terry, Susan, Paul e Betty se detiveron a deixar a cruz con paus do camiño. Non fixo falta que lle explicásemos o significado, como apaixoados do Camiño de Santiago, cumpren con tódoslos ritos e consiguen envolver ao resto do equipo nas costumes dos peregrinos. Coa esperanza de ver soños cumpridos un a un fomos deixando a nosa pequena pegada no Camiño. Só rompían o silenzo os pasos dos bastóns e a banda sonora do Camiño, cos paxaros como solistas e o son da agua dos pequenos regatos como artistas invitados.

Apenas 15 km de camiñata que culminaron en O Monte do Gozo con incrible panorámica da cidade de Santiago de Compostela e onde probamos o primeiro bocado da satisfacción de saber que se se quere se pode e que non hai límites nin fronteiras que non poidamos superar.