Actualidade Diario del Camino

Juan Antonio Corbalán chega a Melide tras a etapa máis dura do seu Camiño Primitivo

Etapa II Camino Acaba en Obradoiro II      Dani Masso Photo (4)

O ex xogador volveu estar acompañado de amigos como o seu ex compañeiro Indio Díaz

O Camiño remata en Obradoiro segue o seu curso e afrontou durante o día de hoxe a súa segunda etapa: San Román da Retorta – Melide.

Juan Antonio Corbalán, protagonista desta edición do camiño solidario organizado polo club, afrontaba o día con enerxía tras descansar nas cómodas instalacións de Casa Grande de Nadela, mentres outra parte do equipo que o acompaña facíao igualmente no complexo de La Cabaña (Palas de Rei).

Tras entregar as súas equipaxes pesadas ao servizo de Correos, o ex xogador poñíase en marcha para afrontar baixo un ceo despexado a etapa máis longa do seu Camiño: 26 quilómetros que de novo combinaban asfalto e barro.

Se onte eran os técnicos do Rio Natura Monbus Obradoiro quen o acompañaban, hoxe Corbalán compartiu parte do traxecto co director xeral do club, José Luis Mateo, compartindo impresións sobre a educación baloncestística. Tamén co seu bo amigo e ex compañeiro madridista Indio Díaz, quen confesaba embarcarse na aventura a petición do propio Corbalán.

Un dos momentos máis emotivos da etapa chegaba precisamente cando un veciño, preto de San Román, saía ao encontro de ambos os xogadores para que lle autografiasen un álbum de cromos da tempada 84/85.

Así, a distancia ata a terra dos melindres foise acurtando, aínda que foi necesario parar en bares locais a repoñer forza varias veces, xa que a camiñada non concluíu ata pasadas as 19 horas, cando chegaron ao Concello onde Camiño Primitivo e Francés únense.

A partir de mañá, a ruta xacobea prevese máis abarrotada pola popularidade do traxecto galo, e especialmente polas datas relixiosas especiais nas que nos atopamos.

Tras descansar nas casas de Naturlar, os nosos peregrinos poñerán xa mañá dirección á provincia coruñesa: Arzúa espera ao Camiño remata en Obradoiro.

Número de conta para doazóns ao proxecto: (La Caixa) ES75-2100-2186-9202-0035-9587