Tras entrar pola Porta Santa e abrazar ao Apóstolo Santiago, o protagonista atendeu aos medios no Parador Hostal dos Reis Católicos. Xa acabado, recálcase na súa idea do proxecto: “Paréceme un proxecto solidario precioso, relacionado co que é a miña vida, que é o deporte, e cunha cidade que é un pouco patrimonio do corazón de calquera”.
Chanceou sobre o recibimento climatolóxico “pero sen dúbida valeu a pena, a sensación é dun reto cumprido, de saber que as dificultades se superan se as persegues”, recalcando igualmente a dureza das dúas primeiras etapas. Tamén se confesou novo obradoirista, “xunto cunha chea de amigos e familiares, que xa lle dixemos á directiva que nos imos a abonar”.
No emocional, “foi unha sensación fantástica que che enche o corazón, e no referente a paisaxes tivemos a fortuna dun sol pleno durante catro días que nos permitiu ver monte duro e salvaxe á beira de campos cultivados e tranquilos ou da cidade, moitos contrastes”, explicaba.
Concluía cunha total declaración da súa petición ao Apóstolo: “Hai que pedir que a xente non sufra no mundo e que os que podemos solucionalo entendamos que globalizar non significa acaparar, senón dar”.
Corbalán recibirá o cheque da doazón de Obra Social A Caixa ao proxecto este domingo antes do partido contra o Valencia Basket (12:30), que presenciará rodeado coa súa familia e con amigos como Indio Díaz.