Actualidade Diario del Camino

Juan Antonio Corbalán xa divisa a Catedral de Santiago desde O Pedrouzo

Etapa IV Camino Acaba en Obradoiro II      Dani Masso Photo (4)

O Camiño Primitivo é xa definitivo, o mesmo que o Francés e o do Norte

O Camiño remata en Obradoiro chegou hoxe a O Pedrouzo, pobo xa próximo á ansiada Compostela.Juan Antonio Corbalán contou nesta etapa coa compañía do conselleiro do Rio Natura Monbus Obradoiro e xerente do Hospital Policlínico La Rosaleda, Rafael Silva, con quen conversou sobre saúde e deporte. Non en balde, o ex xogador é ademais médico, profesión que segue exercendo actualmente en diversos proxectos.

O conselleiro destacaba que Corbalán “ten as cousas moi claras. Pareceume unha persoa cunha gran bagaxe, traxectoria e madurez, algo moi difícil de atopar”. Tamén falou dos seus valores: “O compromiso e o esforzo que mostra coincide perfectamente coa filosofía do club e deste proxecto”.

Tamén Rafael Sánchez, xerente do Plan Xacobeo, uniuse á etapa, caracterizada pola gran cantidade de peregrinos que se achegan lentamente a Santiago neste Xoves Santo.

Mañá as torres da Catedral poderanse divisar xa desde o Monte do Gozo.

Número de conta para doazóns ao proxecto: (La Caixa) ES75-2100-2186-9202-0035-9587