Os integrantes do Rio Natura Monbus Obradoiro amósanse xa volcados co proxecto O Camiño Acaba en Obradoiro, que trae a Galicia a Terry Porter. Todo o equipo se convertiu xa en hospitaleiro.
Moncho Fernández, adestrador do equipo santiagués, foi o primeiro voluntario deste recorrido, desexando moitos ánimos a Porter nesta experiencia única na que o protagonista camiñará 100 km de sacrificio nos que intentará levar con el a tódolos espectadores, e recadar así fondos para a Fundación Heracles e para o Boys & Girls Club of Metropolitan Area.
Tamén se uniron á causa os capitáns do equipo en nome de todos os seus compañeiros. Rafa Luz, Pavel Pumprla e Alberto Corbacho envían enerxía á estrela americana, á que se unirán na última etapa para chegar xuntos á Praza do Obradoiro.