Actualidade

Terry Porter converterase en peregrino na previa do Real Madrid

terry-porter

O xogador recibirá o equipamento para comezar o Camiño e activará o contador solidario de doazóns

Terry Porter, protagonista de O Camiño Acaba en Obradoiro, chegará a Santiago de Compostela na tarde de mañá sábado, xusto a tempo para gozar do Rio Natura Monbus Obradoiro – Real Madrid antes botar a andar.

No partido, o americano recibirá de mans de Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte, e Emilio Barreiro, resposable do Centro de Empresas de Caixabank en Galicia, o equipamento necesario para comezar o luns as seis etapas do Camiño que vai percorrer. Entre eles, o simbólico bastón de peregrino coa cuncha de vieira.

Ademais, o americano poderá ver, grazas á colaboración do club con IoT Partners e á tecnoloxía Telling Tag de Epson, como bota a andar simultáneamente a el a recepción de doazóns para as asociacións que representará nesta acción de sacrifico: o Boys & Girls Club of Portland Metropolitan Area e a Fundación Heracles.

Será mediante os lentes intelixentes Moverio BT-200, que traballan con realidade aumentada. José Pereira, Product Manager de Epson Iberia, explica que “teñen o potencial abondo para cambiar o modo no que as persoas consumen información. Seguro que para Terry Porter será unha experiencia incrible, ver máis alá do que somos capaces de ver por nós mesmos”.