Actualidade

O Camiño remata en Obradoiro, con Juan Antonio Corbalán

Camino16_Presentacion160316

Presentada a nova edición do proxecto, co mítico base como protagonista das últimas etapas do Camiño Primitivo

O Rio Natura Monbus Obradoiro presentou hoxe a segunda edición de O Camiño remata en Obradoiro, proxecto que este ano traerá a Juan Antonio Corbalán a realizar as últimas etapas do Camiño Primitivo de Santiago para recadar fondos para a Fundación Heracles e para difundir e promocionar esta ruta xacobea.

Na presentación, o conselleiro Rafa Silva explicou que a acción terá lugar a semana próxima, do 21 ao 26, con saída en Lugo e chegada o día previo ao partido do equipo contra Valencia Basket (domingo 27, 12.30 horas). Declarou en nome de toda a directiva “a satisfacción de estar a facer por Galicia algo máis que baloncesto, nesta ocasión, con outra persoa que como Terry Porter comparte os valores humanos do club e do Camiño”.Camino16_Presentacion160316_9

Tras escoitar unha mensaxe en vídeo do propio protagonista, José Luis Mateo, director xeral do club, aclarou que este ano se mantén a figura dos ObraHospitaleiros, podendo calquera mandar o seu apoio ao xogador ou os seus comentarios en vídeo e aparecendo na web e redes sociais do proxecto. Entre os xa recibidos, os do seu ex compañeiro Fernando Romay, o seu ex adestrador Lolo Sainz ou o adestrador ao que máis veces se enfrontou na súa carreira: Aíto García Reneses.

Un ano máis, Caixabank e Obra Social La Caixa prestarán o seu apoio ao proxecto solidario. Margarita Pagola, directora de desenvolvemento de Negocio da firma, explicou o seu apoio ao proxecto “por conxugar cultura e deporte cunha visión solidaria que enmarca perfectamente na nosa Obra Social”. Destacou tamén a pasada campaña en conxunto co club “Ningún neno sen bigote”, así como a bancada social que ten en cada partido para regalar entradas a diferentes asociacións sociais, declarando “os nosos mellores desexos de éxitos e o noso convencemento de que será un paso máis á consolidación do proxecto”.

Este ano, Correos é outra das empresas que se suma ao camiño “por ter este tres eixos que tamén moven a Correos corporativamente: a responsabilidade social, o deporte e a presenza loxística co servizo de transporte de equipaxes, sendo un apoio amigo para o peregrino. Somos algo máis que unha empresa que se dedica a transportar cousas, somos un colaborador que fai a vida máis fácil”, declaraba Roberto Martínez, xefe de oficinas da firma na Zona 1.

Camino16_Presentacion160316_12

Para concluír, Lis Torrón, socia e directora creativa da Axencia Reclam, encargouse de explicar a parte audiovisual do proxecto, que a firma asume este ano “coa maior das ilusións”: “Viñémonos un pouco arriba, porque estamos afeitos traballar en publicidade en marxes de 30 segundos, polo que ter 30 minutos considerámolo moitísimo tempo para contar cousas”. Ademais, a creativa explicou que na peza “queremos que enganche, sorprenda e emocione aos que fixeron o Camiño e aos que o están pensando. Haberá unha parte narrativa que explique o Camiño Primitivo, moitos recursos audiovisuais que resalten a súa beleza e a visión do plano máis íntimo de Corbalán xunto aos seus invitados”.

O proxecto xa ten a súa conta en Caixabank, na que calquera pode ingresar as súas doazóns para a creación da Bolsa Corbalán, que permitirá a varios nenos formar parte da canteira do Rio Natura Monbus Obradoiro asumindo os gastos derivados: ES75-2100-2186-9202-0035-9587

Toda a actualidade do proxecto poderase seguir mediante as súas redes sociais e as de iPeregrinos, rede especializada no Camiño e un ano máis, canle oficial do proxecto:

Web: www.elcaminoacabaenobradoiro.com y www.iperegrinos.com

Facebook: El Camino Acaba en Obradoiro e iPeregrinos

Twitter: www.twitter.com/CaminoObradoiro y www.twitter.com/iPeregrinos

Instragram: www.instagram.com/elcaminoacabaenobradoiro/ y www.instagram.com/iperegrinos/