A rede social do Camiño de Santiago, iPeregrinos, realizará un seguimento especial e directo do proxecto O Camiño Acaba en Obradoiro, que Terry Porter comeza mañá en Sarria. Súmase así a este proxecto solidario, colaborando co Rio Natura Monbus Obradoiro.
Ademais do propio perfil na rede social propia, na que publicará cada día un resumo da etapa, iPeregrinos seguirá os pasos de Porter nos seus perfiles de Twitter, Facebook e Instagram. iPeregrinos ten xa máis de 15000 usuarios, na súa maioría, peregrinos que comparten a súa experiencia con outros camiñantes ou apaixoados desta ruta xacobea.
Así, iPeregrinos será a canle oficial de difusión social desta aventura, compartindo información e simultáneamente aos perfiles en redes sociales do propio proxecto.
A continuación deixamos as direccións nas que poderedes seguir o día a día de Terry Porter e os seus acompañantes:
Twitter El Camino Acaba en Obradoiro