Actualidade

Turismo de Santiago e Área Santiago únense a O Camiño Acaba en Obradoiro

catedral

As institucións súmanse así aos hospitaleiros desta acción solidaria

O Camiño Acaba en Obradoiro vai sumando adeptos á súa causa, recibindo a colaboración de diferentes empresas e institucións.

Neste caso, Turismo de Santiago e Área Santiago son as firmas que se animan a colaborar con Terry Porter e facer máis lixeiro o peso das etapas sobre as súas pernas.

Tanto o organismo oficial de turismo da capital como Área Santiago, unha asociación de dezaseis concellos cercanos a Compostela, amósanse encantados coa visita da estrela americana á nosa terra, onde ademais do Camiño del Santiago, poderá coñecer a cultura, paisaxes e tradicións que a enriquecen.